O BNG de Ribeira reclama ao PRUX máis investimentos, revitalización e atención ás demandas veciñais do Parque Natural

20 Abril 2021

O BNG ribeirense vén de presentar unha serie de alegación ao Plan Reitor de Usos e Xesitón (PRUX) do Parque Natural co obxectivo de que a Xunta realice máis investimentos para a conservación da natureza, resolva as demandas veciñais e promova actuación que revitalicen a zona natural.

Desde a sede nacionalista destacan a necesidade de realizar unha memoria económica concreta para compensar ás persoas afectadas, propietarias de terreos e titulares de dereitos consolidados, ás que se lle limita o desenvolvemento das súas actividades e que estean en disposición de vender os seus terreos para que estes sexan adquiridos pola Xunta.

Así, no eido urbanístico solicitan que o PRUX teña un maior nivel de concreción, permitir a construción de vivendas unifamiliares en núcleos consolidades e de poboación e acordes á preservación da zona natural e garantir os dereitos das persoas propietarias. Ademais, formulan incluír partidas económicas dirixidas ás persoas propietarias de terreos dentro de zona protexida destinadas a mantemento de muros, valados e sendas, así como ó fomento do cultivo, gandaría e calquera outro tipo de actividades respectuosas co medio ambiente.

Doutra banda o BNG propón aumentar os investimentos e o programa financeiro do Parque até chegar a unha cifra que permita devolver actuación de preservación dos valores naturais, recuperación de espazos degradados, eliminación de especies exóticas ou educación ambiental. Ademais, demandan un maior número de persoal para garantir a seguridade dos parques, así como a mellora dos paneis informativos e indicativos do Parque.

Por último, Pérez Barral propón aumentar as figuras de protección que actualmente teñen o río de Artes, Sirves, o rego da Cidade ou o rego do Vilar, ademais de tamén propoñen a posta en valor do patrimonio cultural e etnográfico como muíños, mámoas a telleira ou a mina de volframio.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.