O BNG acada un acordo unánime no Parlamento para reclamar a redución do IVE en peixes e mariscos

20 Abril 2021

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de propor no Parlamento autonómico reclamar ao Goberno español a redución do IVE dos produtos pesqueiros, peixe e marisco, do actual 10% ao superreducido do 4%, “tendo en conta que se trata de produtos de primeira necesidade e o seu consumo é fundamental para a saúde da cidadanía”. A petición recadou un acordo unánime de todas as forzas políticas.

A través desta iniciativa, a portavoz nacionalista de Comercio, Carmela González, levou á Cámara galega as reivindicacións das principais organizacións do sector (ANFACO, CEPESCA, FEDEPESCA, APROMAR ou FENAMAR, entre outras) que, segundo indicou, “advirten da necesidade da rebaixa no tipo impositivo dada a caída da venda de peixe xa dende 2008 e que se veu agravada co impacto da crise orixinada pola pandemia”. A esta necesidade, González engadiu “outro motivo de peso”, que son os beneficios do seu consumo na saúde da cidadanía.

Amais, recordou que “mentres outros produtos como ovos, leite, pan ou froita gozan do IVE superreducido do 4% aplicado aos produtos de primeira necesidade, peixe e marisco seguen cun tipo do 10%, pese a que na maior parte dos países da Unión Europea si viron a necesidade de fomentar o consumo destes produtos rebaixando o imposto”, recalcou, logo de repasar os distintos tipos impositivos aplicados na UE que oscilan entre o 0% de Malta e o 6% de Bélxica e Portugal.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.