O Alcalde de Ribeira traslada a deputada Ana García o interese en incluír no plan de áreas industriais da Xunta o novo polígono

16 Abril 2021

O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz Rivas mantivo esta mañá unha reunión coa deputada autonómica Ana García Vidal, quen acudiu á capital do Barbanza interesada polas necesidades do municipio, sendo tres os principais focos da xuntanza: o novo polígono industrial, a variante e a preocupación da flota artesanal ante a reforma do Regulamento de
Control da UE.
No que se refire ao primeiro punto, o alcalde manifestou a García Vidal o interese en que se inclúa dentro do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais da Xunta de Galicia tanto o novo polígono que se vai construír en Fontenla-Pedras Vermellas (parroquia de Palmeira) como a súa ulterior ampliación. Neste senso, o rexedor explicou á representante do Parlamento de Galicia que froito dunha consulta lanzada ao mercado se constatou o interese en ocupar arredor de 215.000 metros cadrados, o que farían insuficientes os 158.000 metros cadrados inicialmente previstos, razón pola que o Concello xa está a traballar na creación doutros 129.000 metros nunha zona aledaña e que lindaría ademais co denominado Parque empresarial de A Barbanza, popularmente coñecido como macropolígono.
No que atinxe á variante, a deputada informou de que sigue a tramitación ambiental e que se prevé que a contestación de alegacións teña lugar antes de que principie o verán.
Flota Artesanal
Por último, Manuel Ruiz transmitiu a preocupación do sector da flota artesanal ante o proxecto de reforma do Regulamento de Control da UE. Ana García, en tanto membro da Comisión de Pesca, trasladou pola súa parte que o Grupo Parlamentario Popular coincide con esta postura e así se está a traballar na defensa dun sector produtivo
esencial dentro do tecido económico galego.

Xuntanza Manuel Ruía e Ana García

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...