O alcalde de Noia comproba o avance das obras do parque biosaudábel de San Lázaro

15 Abril 2021

O alcalde de Noia, Santiago Freire, e máis os concelleiros de Obras e Parques e Xardíns, Martín Fernández e Ana García, visitaron na mañá deste 14 de abril a parcela da UA3 da parcela de San Lázaro, onde, ao longo dos vindeiros días, prolongaranse os traballos para mellorar e urbanizar a praza de San Lázaro ao tempo que se amplían as súas opcións de lecer para veciños de todas as idades.

En concreto, os traballos destes días están dirixidos a completar a instalación de diversos xogos multiaventura, unha tirolina de 30 metros de lonxitude e varios xogos biosaudábeis.

O que se pretende con esta actuación é “a mellora total da praza e o entorno inmediato da capela”, informaron o alcalde e máis os concelleiros”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.