Noia Histórica celebra o Día da Nai cun sorteo de almorzos e unha homenaxe a Breafast at Tiffany’s

29 Abril 2021

A asociación empresarial Noia Histórica vai celebrar o Día da Nai este domingo 2 de maio cunha orixinal proposta de portas abertas destinada a incentivar as compras ao tempo que se recoñece a fidelidade da cidadanía cos establecementos de proximidade (tan necesaria nestes tempos de crise sanitaria e económica). A través desta nova campaña polo Día da Nai, Noia Histórica sorteará 20 almorzos entre as persoas participantes.

O sorteo levarase a cabo o día 4 e os nomes das persoas premiadas faranse públicos a través das redes sociais. A iniciativa acompáñase dun rechamante e singular cartel que é unha homenaxe cinematográfica a Breakfast at Tiffany’s, a histórica película protagonizada por Audrey Hepburn.

Os almorzos (valorados en 30 euros) entregaranse no domicilio das veciñas e veciños gañadores ou nos que eles mesmos indiquen.

Na iniciativa participan 80 establecementos locais. As rifas repartiranse até o 2 de maio.

Outros artigos

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

A compañía aAntena leva a Noia (este sábado) a obra “Sol Fuerza”

O Coliseo Noela de Noia acolle este sábado 3 de outubro a representación de Sol Fuerza, da compañía galega aAntena e protagonizada por Lucía Veiga. Será ás 20.30 horas con entrada de balde ata completar o aforo. Trátase dun espectáculo para público adulto que mestura...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.