Na Pobra activada a cita previa para o acceso da cidadanía aos servizos municipais

05 Abril 2021

O Concello da Pobra activou este 5 de abril a funcionalidade da cita previa para seguir permitindo á cidadanía o acceso aos servizos municipais nas mellores condicións de seguridade sanitaria. O Goberno local explicou que “ante a situación epidemiolóxica que se está atravesando no municipio decidiuse incrementar o teletraballo do persoal administrativo, establecendo quendas para reducir o número de traballadoras e traballadores que acudan de maneira presencial cada día ao seu posto de traballo co obxectivo de que o número de contactos sexa o menor posíbel”.

Deste xeito, engade o Concello, os únicos servizos que manterán a atención presencial sen necesidade de cita previa serán o rexistro xeral e o Departamento da Recadación.

Para todas as áreas restantes será preciso concertar cita previa por vía telefónica a través do 981 843 280, marcando a extensión correspondente.

Así mesmo, a Biblioteca Municipal, o Museo Valle-Inclán, a oficina de información turística na Casa Mariñeira e a Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler deixan de dar atención presencial ao público, aínda que si proseguirá o servizo de préstamo de libros, que deberá solicitarse tamén mediante cita previa.

Dende o Concello preténdese transmitir á cidadanía a mensaxe de “que o cumprimento das medidas de prevención debe ser estrito e, incluso, mentres continúe a fase ascendente no número de casos, facer o esforzo de reducir os contactos sociais”.

Porén, tamén se quere achegar unha mensaxe de ánimo e tranquilidade, actuando sempre de acordo coas medidas implantadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.