Monseñor Julián Barrio preside este sábado a ordenación episcopal do novo bispo auxiliar de Santiago

10 Abril 2021

O Arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio, presidirá este sábado a ordenación do novo bispo auxiliar de Santiago, Francisco José Prieto, que terá lugar na catedral compostelá.

Novo bispo auxiliar Francisco José Prieto

Segundo trasladou o Arcebispado de Santiago, Francisco José Prieto foi nomeado polo Papa Francisco como bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Deste xeito, a cerimonia de ordenación episcopal será presidida polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio Barrio.

En concreto, a celebración relixiosa dará comezo ás 11,00 horas na catedral de Santiago. Así, a procesión de entrada accederá á basílica desde a Porta do Tesouro, situada na nave central.

Posteriormente, a procesión dirixirase ata o Altar Maior, onde se desenvolverá a cerimonia, que estará conformada polos ritos iniciais e as liturxias da Palabra, a Ordenación e a Eucarística. Tamén se poñerá en funcionamento o ‘Botafumeiro’ e realizarase unha bendición final.

Francisco José Prieto (Ourense, 1968) é licenciado en Teoloxía Patrística e doutor en Teoloxía Bíblica e foi ordenado sacerdote en 1993. Ademais, desenvolveu o seu ministerio pastoral na Diocese da cidade das Burgas, onde exerceu como capelán do mosteiro de San José ( Clarisas) e vigairo episcopal para a Nova Evangelización de Ourense. Paralelamente, compaxinou a súa actividade pastoral coa docencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.