Ampliación accidente en Noia entre dous coches con tres feridos

27 Abril 2021
Bombeiros de Boiro

Ampliación:

Tres persoas resultaron feridas esta mañá despois de que batesen frontalmente dous coches en Noia e foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia para liberar a unha das persoas accidentadas, que quedou atrapada no interior dun dos vehículos implicados.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, das tres persoas feridas, dúas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e unha ao Hospital Clínico A Rosaleda.

O sinistro produciuse na AC-550, á altura do punto quilométrico 69,5, preto das dez. Nese momento, unha testemuña do accidente puxo os feitos en coñecemento do 112 Galicia.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia, do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Unha vez atendidas as persoas feridas, o servizo de mantemento levou a cabo as tarefas de limpeza na estrada e os axentes de Tráfico regularon a circulación de vehículos para restablecer, de forma segura, as condicións óptimas na vía.

Nota 11 horas:

Sobre as 10 desta mañá rexistrouse un grave accidente en Orro no concello de Noia. Como consecuencia do mesmo tres persoas resultaron feridas de consideración e tiveron que ser excarceladas por efectivos dos Bombeiros de Boiro e efectivos da policia local, protección civil e garda civil.

O accidente aconteceu o colidar frontolateralmente dous vehículos. Como consecuencia da colisión resultaron feridos unha muller e dous homes que ian en senllos vehículos e que tiveron que ser excarcerados polos bombeiros.

No accidente resultaron feridos graves os dous homes e maís leve a muller, os tres foron trasladados o Complexo Hospitalario de Santiago.

A estrada permaneceu cortada durante mais dunha hora obrigando a reducirla circulación a un carril.

Remitida

remitido

Remitidas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.