En Ribeira a Policía Nacional detén a un individuo por un delito de tráfico de drogas

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira, procederon á detención dun home como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.
No marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico de drogas na localidade de Ribeira, os axentes participantes no mesmo procederon á interceptación e identificación dun home de 67 anos, veciño de Ribeira, localizándolle entre as súas pertenzas dúas bolsas, unha delas contendo no seu interior 16 gramos de cocaína e a outra contendo 5,5 gramos de heroína, así como diñeiro en efectivo en billetes e moedas de diverso valor e dous teléfonos móbiles, procedendo á súa detención.
Ao detido cónstanlle antecedentes por feitos similares.
Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, dáse conta de todo o actuado ao Xulgado de Instrución de Garda, poñendo ao detido á súa disposición, decretando o seu ingreso en prisión provisional.