En Noia o Concello pon a punto o Coliseo Noela

21 Abril 2021

O Concello de Noia informou do desenvolvemento de diversos traballos para acondicionar diferentes edificios e equipamentos públicos municipais.

Un destes edificios é o Coliseo Noela, que foi obxectivo dunha limpeza integral da fachada, das escaleiras de acceso e dos soportais. Aproveitouse para eliminar as pintadas das paredes que afeaban a estética do inmóbel e, no interior, procedeuse á reparación do falso teito, instalando rexistros para telecomunicacións.

Amais do Coliseo Noela, tamén se puxo a punto o exterior do Consistorio e máis a estatua de Felipe de Castro. Estes traballos leváronse a cabo as pasadas semanas.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.