En Muros atopan morta na súa vivenda a unha docente de 32 anos

24 Abril 2021


Unha profesora de 32 anos que traballaba en Muros foi localizada este venres sen vida na súa vivenda, sen signos aparentes de violencia nin de que dita vivenda sufrise algún tipo de violación.

Fuentes do GES de Muros confirmaron que o corpo da muller de 32 anos e natural de Razo en Carballo foi localizado na súa vivenda, despois de que a dirección do centro no que traballaba en Muros desde hai pouco tempo o colexio Ramón de Artaza, dese aviso á Policía Local.

Colexio Ramón de Artaza

Fixérono ao ver que a muller non xustificara a súa ausencia laboral nin respondía o teléfono. As mesmas fontes explicaron que a profesora vivía nuns apartamentos próximos ao seu lugar de traballo e que se accedeu á súa vivenda a través dunha xanela tras observar que o seu corpo estaba tendido na habitación, ademais de alertar ao equipo médico.

A falta do que determine a autopsia, o informe preliminar fai constar que non se observaron indicios de violencia nin de violación, polo que apunta a que o seu falecemento debeuse a causas naturais. (A)

Outros artigos

O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 28 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...

+

A Gramola Gominola recala este sábado 12 no Porto do Son

A rapazada do Son e da contorna terá este sábado 12 unha destacada cita musical na praza de España da vila sonense, a partir das 19.00 horas. A cita será cunha das grandes bandas do rock galego actual: A Gramola Gominola. Trátase dunha agrupación formada por Paco...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.