En Lousame unha persoa queda atrapada despois de bater co seu vehículo contra unha árbore

01 Abril 2021
Bombeiros

Unha persoa resultou ferida esta mañá no termo municipal de Lousame ao colidir contra unha árbore o coche que conducía.

O único ocupante do vehículo accidentado, que quedou atrapado no interior do vehículo, tivo que ser liberado polos Bombeiros da Boiro.

Os feitos tiveron lugar en Chave, moi preto do límite entre os concellos de Lousame e Boiro, ao fío das 09:30 horas.

Foi, a esa hora, cando unha persoa particular deu conta do accidente ao 112 Galicia. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira ademais dos membros do GES de Brión. Do mismo xeito, informouse aos voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.