Dezaoito ofertas de licitación presentadas para a actuación na Aula de Música de Aguiño

13 Abril 2021

O Concello de Ribeira informa das 18 ofertas de licitación presentadas para a actuación na Aula de Música de Aguiño. Ademais disto, na rúa Manuel Murguía vaise crear unha área de aparcamento, desprazaranse as dúas luminarias existentes e trasladaranse os xogos do parque infantil á parte posterior da parcela, onde se instalará un pavimento de caucho continuo.

En concreto, a calzada da rúa Manuel Murguía será pavimentada cunha capa de 6 centímetros de espesor de aglomerado asfáltico para eliminar as fochancas e disgregacións que rexistra a vía. Doutra banda, a fachada do conservatorio será pintada cunha pintura especial elástica, transpirábel e impermeábel para dar solución a problemas de humidades.

A actuación, que se encadra no eixo do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal, conta cun investimento de 49.471 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.