Comezaron os traballos para pavimentar a rúa Calzada en Noia

06 Abril 2021

Este luns 5 de abril deron comezaron en Noia os traballos para renovar a capa de rodaxe da rúa Calzada, concretamente o treito comprendido entre a rúa Outonil e Vista Alegre. Segundo informou o Concello, os ditos labores (que constitúen a recta final da renovación da dita rúa da Calzada, un proxecto que inclúe a mellora das redes de abastecemento e pluviais, do pavimento, da canalización do alumeado público, da sinalización e da accesibilidade) estenderanse até o mércores desta mesma semana, “polo que o viario ficará pechado á circulación ata que rematen os traballos na mesma”.

Logo do pavimentado da rúa está previsto un substituír as luminarias antigas de vapor de sodio por lámpadas LED máis sustentábeis e eficientes. Por outra banda, limitarase a velocidade a 30 km/h, unha disposición que o Concello quere estender a toda a rede viaria urbana. A actuación está financiada con achegas da Deputación e fondos municipais, e inclúe un orzamento total de máis de 200.000 euros.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.