“Cando toque”. Antón Luaces

24 Abril 2021

​

Os pescadores de coplas do Ministerio de Sanidade seica aprenden a usar os seus aparellos de pesca -cana e tanza- nas prácidas augas do estanque do Retiro madrileño onde, con moita dificultade, pode envorcar unha das gamelas que van e veñen no que semella ser unha idílica navegación a remos. Pero os pescadores de verdade, os que saíron a faenar para pescar o que poideron e deste xeito contribuir -xunto cos transportistas- a subministrar peixe aos mercados para que os cidadáns afectados polo encerro obrigado debido ao coronavirus tivesen algo fresco que xantar, saíron e saen ao mar arriscando as súas vidas (ben sei que tamén para dispor dun salario merecido) un día sí e outro tamén, sen que o confinamento os arrede.
Pero o risco aínda foi maior desta vez, porque é doado que nun espazo sempre mínimo como é o do barco, a COVID-19 se espalle e contaxie a todo deus. Isto non é valorado pola ministra de Sanidade, como tampouco o foi polo seu antecesor no cargo. E como non se tivo en conta este labor, agora din -desmentíndose a sí mesmos- que os mariñeiros galegos serán vacinados “cando lles toque e coa vacina que lles toque”.Mala mar me deixe, señora ministra (e perdoe que empregue un dito moi mariñeiro empregado polos meus paisanos de Cariño, un porto pesqueiro que sabe de mar, de traballo, de esforzo, como o saben todos os mariñeiros desta España que, coido eu, non merecen esa desconsideración á que se ven sobmetidos desde vai xa máis dun ano e por mor da pandemia.Galicia ven de ofrecer ao Goberno central a cesión de doses de vacina contra a COVID-19 ao Instituto Social da Mariña (ISM) para que axilice  a vacinación dos tripulantes da frota galega. Non van ter en conta esta oferta, cando o goberno basco xa vacinou ós seus mariñeiros sen agardar a comprensión de Madrid?.Eu síntome culpable de ter levado ós lectores deste diario un chisco de tranquilidade cando dixen aquí que, aínda que tarde, o Ministerio correspondente asumía a vacinación e que esta sería subministrada en breve. Pois non é tal: a vacina -segundo dixo a conselleira do Mar da Xunta, Rosa Quintana, que se vacinou este venres-  será inoculada ós mariñeiros galegos “cando lles toque e coas vacinas que lles toque”, en palabras da propia conselleira, que se referiu á ministra da Sanidade laiándose da súa “falta de sensibilidade e o menosprezo”.Había un acordo, existe un compromiso entre o Goberno central e as comunidades autónomas establecido no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que insiste na unidade de acción como clave para a loita contra a pandemia. Citouse ao ISM para que este facilite os datos necesarios para que o Ministerio de Sanidade afronte con garantías a vacinación do persoal embarcado. Pero agora díse que será “cando lles toque e coa vacina que lles toque”. E non é, non, o que se está a vivir realmente, porque o persoal de mar queda unha vez máis marxinado e non o merece.En decembro do ano pasado, e no Consello Xeral do ISM, o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero, presentou unha proposta para a vacinación dos mariñeiros. Esta proposta foi apoiada por sindicatos, organizacións profisionais como AETINAPE, e posteriormente por asociacións e agrupacións de armadores de toda España. Tamén houbo resposta afirmativa por parte dos organismos correspondentes do Goberno no mes de marzo pasado. Mais a día de hoxe, a ministra de Sanidade fala de “cando lles toque e coa vacina que lles toque”. Non está cofirmado, a día de hoxe, cando será; pero sí que se vai  facer coa vacina dunha soa dose. Cando?.  Pois o dito: “Cando lles toque e coa vacina que lles toque”. Evidentemente, os pescadores de coplas do Ministerio de Sanidade non saben remar en mar aberto.

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.