A Xunta resalta unha “mellora” na situación do polbo, con repuntes en capturas e recrutamento de xuvenís

20 Abril 2021

A Xunta resaltou unha “mellora” na situación do polbo nas augas galegas, dado que os últimos datos reflicten un incremento nas capturas e no recrutamento de xuvenís, que alcanzou niveis por encima da serie histórica iniciada no ano 2005.

Así o destacou a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, na súa intervención ante a Comisión 8ª do Parlamento de Galicia, onde repasou a situación que atravesa o polbo tras unha campaña (a 2020-21) que resultou “anómala”.

A responsable da Consellería do Mar apuntou que a última campaña concluíu cun “baixo nivel” de capturas, aínda que mostrou o seu optimismo #ante as cifras que deixan as últimas semanas, que reflicten unha “tendencia ascedente” cun balance “positivo” que melloran os datos de marzo de 2020 e os do mesmo mes de 2017, ano no que houbo unha campaña “histórica”.

Outro aspecto que resaltou a directora xeral foi o índice de reclumentario de xuvenís, que duplica as cifras do pasado ano e sitúanse por encima da media da serie histórica, que arrincou no ano 2005.

Na súa intervención, Rodríguez lembrou que este ano 2021 o polbo estará en veda entre os meses de maio e xuño, unha medida pactada co sector na Comisión do Polbo para protexer aos xuvenís da especie.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.