A Xunta inviste na instalación de novas defensas e escalas no porto de Ribeira

26 Abril 2021


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de asinar o contrato para a execución das obras de mellora de defensas e escalas nos porto de Ribeira. A Xunta inviste preto de 450.000 euros nesta actuación, que tamén inclúe aos portos de Muxía e Camariñas. A iniciativa ten programado un prazo de execución de cinco meses desde
a sinatura da acta para o inicio da obra.
Os traballos levaranse a cabo debido ao estado no que se atopaban os portos por mor do deterioro sufrido pola acción do mar. Así, no peirao de Ribeira proxectaranse 37 novas defensas de protección verticais, separadas seis metros cada unha no peirao da antiga lonxa, e outras 18, tamén con seis metros de distancia entre elas, na zona de
atracada da fábrica de xeo. Para a instalación destes elementos retiraranse os anteriores, de rosario. Ademais instalaranse catro escalas de gato e dúas de aceiro incrustadas no paramento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.