A rianxeira Lara Torres falará este xoves da súa experiencia creativa ante o alumnado do IES de Rianxo

28 Abril 2021

A artista rianxeira diante dun dos seus murais

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizan esta semana unha nova actividade do ciclo educativo de relatorios Camiñando entre mulleres, unha proposta conxunta que procura achegar ao alumnado do centro referentes femininas que destacan no seu ámbito profesional empregando a lingua galega: operarias, investigadoras, escritoras, muralistas… Desta volta será a quenda de Lara Torres.

A artista rianxeira intervirá mañá no ciclo de charlas no IES Félix Muriel no que se reivindica a lingua e o papel das mulleres na sociedade.

A cita con Lara Torres desenvolverase entre as 10.00 e as 12.00 horas.

Lara Torres é ilustradora, muralista e docente, amais de técnica superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Na cita deste xoves falará ao alumnado do IES Félix Muriel do seu percorrido vital e profesional, das principais técnicas das que bota man e das súas influencias. Tamén procurará transmitir a importancia da lingua no proceso creativo e reivindicará o papel das mulleres no mundo das artes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.