A Pobra conmemora o Día Mundial do Libro cunha actividade en Facebook

22 Abril 2021

A Concellería da Cultura da Pobra do Caramiñal vén de anunciar a posta en marcha dunha actividade a través de Facebook como motivo do Día Mundial do Libro, datado o 23 de abril.

A situación epidemiolóxica actual por mor da COVID-19 provoca que o Concello leve a cabo unha actividade en liña que consiste en que a veciñanza colgue no Facebook a fotografía do seu libro favorito ou dalgún libro que estea a ler actualmente. A publicación deberá comezar polo hashtag #APobraLe, seguido do título da obra, autor/a e a explicación do porqué desa elección, así como se deberá etiqueta-las páxinas da Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal e de Cultura A Pobra do Caramiñal.

O prazo para participar na iniciativa vai do día 23 ata o 25 de abril, ambos inclusive. Ademais, como agradecemento a tódolos participante á hora de fomentar a lectura sortearanse, o 28 de abril, 4 libros, 2 en galego e 2 en castelán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...