A Deputación dedica 900.000 euros ao servizo de limpeza de praias de 41 municipios entre eles os da comarca

22 Abril 2021
Praia de Coroso. Ribeira. Joferpa

A Deputación da Coruña inviste este ano 900.000 euros nos 41 municipios costeiros para financiar os servizos de limpeza de praias. A concesión provisional destas axudas recóllese no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

A través das subvencións, o ente provincial busca apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal que se encargará este verán da limpeza dos areais coruñeses, así como a adquisición do material necesario, vestiario ou combustible dentro do periodo comprendido entre os meses de abril e outubro (incluídos).

Segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, “o programa contribuirá, un ano máis, á mellora da imaxe das praias coruñesas de cara á tempada estival, e axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán”.

González Formoso destacou que A Coruña é a provincia española con máis quilómetros de costa e que as praias dos concellos costeiros son un dos principais atractivos turísticos. “Deste xeito, a Deputación apoia aos concellos da provincia para que os nosos areais estean en condicións óptimas para este verán”, sinalou.

Beneficiario: CONCELLO DE BOIRO
Obxecto: SUBVENCIONS PARA A LIMPEZA DE PRAIAS MARITIMAS NO ANO 2021 (CONTRATACION EXTERNA)
25.542,42 €
Beneficiario: CONCELLO DE MUROS
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS MARITIMAS CONCELLO DE MUROS, ANUALIDADE 2021
24.919,44 €
Beneficiario: CONCELLO DE NOIA
Obxecto: Limpeza de praias marítimas
20.109,16 €
Beneficiario: CONCELLO DE OUTES
Obxecto: LIMPEZA DA PRAIAS MARITIMAS DO CONCELLO DE OUTES ANO 20216.768,00 €
Beneficiario: CONCELLO DE PORTO DO SON
Obxecto: Limpeza de praias marítimas Porto do Son 2021
29.591,83 €
Beneficiario: CONCELLO DE RIANXO
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS- ANUALIDADE 2021
22.116,00 €
Beneficiario: CONCELLO DE RIBEIRA
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS DO CONCELLO DE RIBEIRA 2021
27.722,87 €
Beneficiario: CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
Obxecto: CONTRATACIÓN PERSOAL LIMPEZA DE PRAIAS 2021 (CONDICIONADA)
23.361,97 €

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.