A ARE e o Concello de Rianxo xuntan forzas para promover a economía local

23 Abril 2021

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) e o Concello de Rianxo van promover a economía local. Así o estipularon este 22 de abril, nunha reunión na que trataron temas como as necesidades dos locais e as alternativas que axudarán a dinamizar a economía. Ademais, analizouse o estado da plataforma de venta en liña Mercarianxo.gal e das melloras e novas que se están a realizar na web, pois o obxectivo é “facela máis atractiva e operativa para os clientes e vendedores”.

Doutra banda, falouse do compromiso do Concello de seguir colaborando coa ARE, co fin de potenciar a ferramenta na que ten cabida todo o sector empresarial rianxeiro. De feito, a ARE elaborou uns expositores de códigos QR que se repartiron entre a hostalería para que os clientes poidan acceder á carta online de cada establecemento.

Nos vindeiros meses, levaranse a cabo actividades e reunións para conxugar os programas de cada entidade e organizar e pactar conxuntamente as datas destas iniciativas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.