A ANPA Caramecheiro cambia de localización dúas actividades da súa Primavera Cultural

22 Abril 2021
Cartaz actualizado da actividade de regueifa

Por mor da complexa situación sanitaria que estamos a vivir, a ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira tivo que facer cambios en dúas das moitas actividades incluídas no programa Primavera Cultural, unha completa axenda de espectáculos, obradoiros e charlas dirixidas ao alumnado do dito centro educativo, aos docentes e ás súas familias. Un dos cambios é relativo ao á sesión programada sobre regueifa, a actividade Poesía oral improvisada en igualdade que se desenvolve este 24 de maio. Así, no canto do Auditorio Municipal de Ribeira, celebrarase no patio do IES Nº1.

O mesmo vai acontecer coa charla O día que as mulleres gobernemos o mundo, prevista para o vindeiro 10 de maio en dúas quendas (ás 12.30 e ás 17.30 horas). Asi, no canto de no Auditorio Municipal de Ribeira, tamén se celebrará no patio do IES Nº1. Organiza a ANPA en colaboración co IES de Coroso e o Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.