San Xosé fresco con nubes e claros

18 Marzo 2021

Aínda estando baixo influencia anticiclónica, durante o venres unha fronte pouco activa chegará ao norte e leste de Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes nas provincias da Coruña e Lugo, onde se rexistrarán precipitacións máis probables canto máis ao norte e que poderán ser de neve en cotas arredor dos 1100 m.

Na comarca e metade sur comezaremos a xornada cos ceos despexados e co avance da mañá quedaremos con alternancia de nubes e claros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, máxima de 18 graos. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados en xeral, fortes no litoral norte e nas zonas altas.

O sábado e domingo seguiremos con sol e temperaturas en descenso.

NO NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 4 á mañá e 5 a 6 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:061.1 m
Preamar07:153.1 m
Baixamar13:201.2 m
Preamar19:333.0 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:561.1 m
Preamar07:083.1 m
Baixamar13:111.2 m
Preamar19:253.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:011.1 m
Preamar07:133.1 m
Baixamar13:151.2 m
Preamar19:303.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.