Porto do Son pasa a nivel 2. Sanidades abre a área sanitaria de Ferrol. Permanecen pechadas Coruña e Pontevedra. Catro mortos elevan a 2.256 as vítimas

02 Marzo 2021

O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión deste martes, abrir o peche da Área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.

As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.

O resto dos concellos galego quedan en nivel medio.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 5 de marzo.

Por outra banda Sanidade informou do falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.

Día 1
Home de 74 anos no CHUAC
Muller de 76 anos no CHUO

Día 2
Home de 84 anos no CHUF. Procedía da residencia de maiores Laraxe (Cabanas)
Home de 89 anos no CHUVI

Todos eles tiñan patoloxías previas.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.