Os socialistas de Ribeira piden o acondicionamento da fonte e o camiño de Carreiriña

16 Marzo 2021
dav

O grupo socialista de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Manuel Vilas, presentou unha proposición para ser debatida en pleno relativa ao estado no que se atopan a fonte e o camiño veciñal de Carreiriña (9009), que conecta o lugar de Laxes con Carreiriña (Carreira) e que achegou en tempos un importante servizo á veciñanza dos dous ditos núcleos de poboación, que desta maneira vían facilitado o acceso ás súas propiedades.

Polo que respecta á Fonte de Carreiriña, a agrupación destaca que aínda ten sona de brindar auga terapéutica, amais de abastecer os muíños e os lavadoiros que hai nos arredores.

O PSOE local, alertado polas queixas veciñais, visitou a contorna e, segundo indica, puido comprobar que tanto o camiño como a fonte presentan un mal estado e mostran unha contorna deteriorada.

Os socialistas lembran que o dito camiño público, denominado Suafonte, foi reparado e acondicionado nos anos 80 por orde do Concello de Ribeira; pero dende aquela “foi quedando no esquecemento” por parte da Administración local.

Está situado no ámbito de influencia do río Arxinde, que descorre dende Campos de Arriba até Lavasidos, pasando polo lugar citado.

“O estado actual do camiño, anegado de auga do devandito río, fai que estea intransitábel para ir a pé, e dificultoso para acceder con tractor ou carro, pola inseguridade do viario”, explica José Vilas, que, xunto co seu grupo, piden ao Concello as seguintes actuacións:

· Que se proceda a realizar unha análise da situación do camiño público 9009, e una memoria valorada para a súa recuperación como vía de comunicación e enlace coa vía de Seares 9008.

· Que se proceda a restauración do lugar, e posta a punto da Fonte de Carreiriña, para o seu uso axeitado.

· Que se verifique a posíbel inclusión de dita fonte no Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ribeira, así como do espacio público que a acolle.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.