O PSOE de Ribeira solicita a dotación de beirarrúas en Alcalde Fernández Bermúdez

24 Marzo 2021

Os socialistas de Ribeira presentaron un escrito ante a Corporación relativo ao proxecto que no seu día contemplou a construción de beirarrúas na rúa Alcalde Fernández Bermúdez (subindo a costa da Mámoa). Segundo indican, as obras quedaron sen realizar na súa totalidade debido, “nun principio”, a “problemas técnicos non previstos inicialmente no proxecto de execución das tarefas a realizar”.

A agrupación fai saber que este treito de vía pública, en Fafián, “representa un risco para a circulación de viandantes, por ter moi pouco espacio de cuneta e ser un percorrido moi perigoso, debido a gran cantidade de vehículos que frecuentan acotío esta vía de comunicación interurbana”.

Asemade, os socialistas indican que tamén é unha zona de risco para os automóbiles, debido sobre todo ás significativas curvas pechadas neste treito da estrada.

En virtude de todo o devandito, a agrupación fai as seguintes propostas ao grupo de Goberno local:

-Que por parte da Alcaldía, ou departamento de Obras e Urbanismo, se proceda a retomar o proxecto da execución de beirarrúa, na rúa Alcalde Fernández Bermúdez, “por ser unha obra de primeira necesidade para os veciños residentes e usuarios varios, que queren desfrutar coa suficiente seguridade de paso en dita vía urbana, para realizar as súas camiñadas, acceder ao núcleo urbano, ou ao recinto polideportivo da Fieiteira”.

-Que se adecúe/asfalte a zona de estacionamento, correspondente ao primeiro tramo de beirarrúa executado, no desvío a Frións, que “quedou pendente de facerse”.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...