O proxecto DiversidArte recala na Pobra cun show musical e danza integrada

30 Marzo 2021

O Teatro Cine Elma acollerá o 10 de abril dúas actuacións combinadas adscritas ao proxecto DiversidArte, impulsado pola Asociación Poten100mos. Serán ás 19.00 horas. A axenda inclúe o show musical Improvisóns e máis unha sesión de danza integrada da man de Ricardo Prado.

O primeiro destes espectáculos será unha cita interactiva do público para contribuír, conxuntamente, á creación de cancións efémeras e irrepetíbeis, pero non por iso menos importantes.

O segundo, segundo fixo saber este luns a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), “sorprenderá as persoas asistentes co ritmo e a enerxía”. A edil cualificou a cita como “moi especial” e animou a veciñanza a acudir.

O proxecto DiversidArte é un soporte creado para a promoción, produción e difusión da arte onde as súas principais protagonistas son as persoas con diversidade intelectual, física, psíquica e sensorial, xunto con outros colectivos en situación de risco de exclusión, con actividades que fomentan as sinerxías e a súa propia inclusión como artistas dentro da sociedade.

A entrada é de balde até completar a cabida e seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19. As persoas interesadas en asistir dispoñen ata o día 9 de abril para se inscribiren a través do enderezo electrónico servizos.sociais@apobra.gal ou do teléfono de contacto 981843280, marcando as extensións 2011 ou 2014.

Organiza a Asociación Poten100mos, coa colaboración da Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal e co financiamento da Deputación da Coruña e da Obra Social La Caixa.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.