O Kempo Pobra acaba o Campionato Galego de Grappling con tres ouros e outras tantas pratas

14 Marzo 2021


Remitida

O Kempo Pobra participaba por primeira vez no Campionato Galego de Grappling cuns resultados moi positivos. Así na categoría júnior, *Álex Pérez, no peso de ata 58 quilos, e Adrián Pego, en ata 66 quilos, colgáronse a medalla do ouro. Ademais, a Pérez acompañouno no podio como segundo clasificado o seu compañeiro Adrián Sánchez.

Paula Oubiña foi segunda no peso de ata 54 quilos. Na categoría cadete Juan Vicente e Yeray Martínez foron primeiro e segundo, respectivamente, no peso de ata 69 quilos. Por outra banda, a Federación Española de Loitas Olímpicas entregou a Paula Oubiña, Alex Pérez, Adrián Sánchez, Adrián Pego e Miguel Pérez o certificado de monitor nacional de loita grappling de nivel 1. Ademais, Miguel Pérez e Maikon Lapa obtiveron a titulación de monitor nacional de artes marciais mixtas de nivel 1.

Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.