O grupo socialista de Noia pide que se arranxe o paseo de madeira da praia de Boa

23 Marzo 2021

O Grupo Socialista de Noia presentou un rogo para ser debatido en pleno relativo ao paseo de madeira que percorre a praia de Boa Grande, que, segundo sinala a agrupación, “atópase en moi mal estado”. Segundo indican, trátase dunha construción de madeira que precisa dos mantementos específicos para este tipo de infraestruturas, que ademais están especialmente sometidas ás inclemencias do tempo e ao efecto do mar. Froito disto, sinalan, hai varios treitos onde as madeiras están “totalmente podres ou directamente rotas”.

O voceiro Roberto Iglesias, indicou que “unha vez que se instalaron as pasarelas de acceso á praia, debeuse realizar unha revisión de toda a estrutura, xa que ca chegada do bo tempo son moitas as persoas que fan uso desta instalación para pasear, e son varios os puntos que se atopan nun estado perigoso, como nos trasladaron veciños da contorna, e puidemos comprobar nunha recente visita ó lugar”.

Os socialistas solicitarán “que se faga unha intervención o antes posíbel, antes de que se poda producir un accidente, xa que hai lugares onde a varanda está totalmente no aire e cunha altura considerábel no caso de que se produza algunha caída”.

Os integrantes da agrupación indican que seguirán percorrendo as parroquias de Noia, para trasladar ao Goberno municipal este tipo de situacións que, segundo indican, “mostran un total desleixo nas

parroquias, por parte do Executivo”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.