O espectáculo Por unha peseta chega á Pobra

12 Marzo 2021

A compañía Apatacón trae ao Elma neste domingo 14, ás 19.00 horas, o espectáculo Por unha peseta. Trátase dun traballo “onde a voz narrada e cantada se achegan para atopar canto vale unha peseta”.

Historias da vida recollidas no noso contorno e que nos achegan en partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente.

Organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, esta actividade transcorrerá seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas deben face-la súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...