O CF Noia arranca súa posta a punto contra o Victoria

06 Marzo 2021

O CF Noia terá a súa primeira proba mañá domingo ás 12:00 horas nun amigable fronte ao Victoria. O equipo noiés, que leva unha semana adestrando, segue así coa súa preparación de cara ao inicio de liga o vindeiro 28 de marzo. Logo de tanto tempo parados, o encontro servirá para que os xogadores vaian collendo ritmo de competición e chegar na mellor forma posible á data marcada no calendario de tódolos equipos da Preferente Galega.
Ademais, será a presentación do cadro dirixido por Iván Carril ante o seu público. O encontro permitirá un aforo limitado de 150 persoas, que deberán formular a súa reserva chamando ou enviando un WhatsApp ao 629 979 593 ou un correo a cfnoia@yahoo.es , facilitando o nome e apelidos, o DNI e un teléfono.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.