O BNG insiste na urxencia de poñer pasos de peóns na AC-550 ao seu paso por Noia

02 Marzo 2021
Recollida de sinaturas en Boa para mellorar a seguridade viaria da estrada

O BNG vén de rexistrar unha proposta non de lei (PNL) e novas interpelacións ao Goberno da Xunta en referencia á necesidade de instalar pasos de peóns e mellorar a seguridade viaria na estrada AC-550 ao paso polo municipio de Noia. Os nacionalistas impulsan unha iniciativa tras “obter unha resposta pouco concreta por parte por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade”, sinalan, engadindo que na contestación, logo de tres meses, o departamento da Xunta enumera unha serie de condicións para a habilitación de pasos de peóns na AC-550 ao seu paso por Noia “sen explicar , de todos os propostos, cal ou cales son os que non cumprirían os requisitos técnicos exixidos”.

O BNG visitou estes días as contornas do concello por onde pasa a AC-550, amais de consultar a normativa vixente e realizar medicións sobre plano en dúas zonas concretas onde os pasos de peóns son necesarios e poderían ser axeitadas para habilitalos: “O primeiro sitúase nas inmediacións dunha marquesiña próxima á vivenda número 47 da estrada de Orro en Noia, e o segundo localízase diante do establecemento Hostal Singapore, da parroquia noiesa de Boa”, explican. Ademais, sinalan que nos dous casos “estamos a falar de percorridos amplamente iluminados, nos que a velocidade máxima permitida para o tránsito de vehículos é de 50 km./h., onde o aparcamento está restrinxido en ambas direccións dos potenciais pasos de peóns, con beirarrúas en ambas marxes da estrada e cunha recta de 240 e 260 metros respectivamente, na que se cumprirían sobradamente os requisitos para a visibilidade de parada.”

O grupo parlamentario pide na súa proposta que se leve a cabo “un estudo pormenorizado” e “a redacción dun informe concreto sobre estes puntos no que se detallen as actuacións necesarias para que se podan habilitar pasos de peóns seguros”. Tamén solicitan que “se leven a cabo as actuacións necesarias para que estes pasos de peóns podan ser habilitados coas máximas garantías e que finalmente se proceda á colocación de pasos de peóns nos dous puntos citados nos lugares de Orro e Boa ao paso da AC- 550 polo municipio de Noia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...