O BNG e Noia Histórica salientan a importancia do pequeno comercio na nosa economía

15 Marzo 2021

O BNG celebrou este 15 de marzo unha xuntanza cos representantes da asociación de empresarias e empresarios Noia Histórica. As deputadas Rosana Pérez e Carme González participaron na reunión, un encontro que ambas partes cualificaron de “produtivo” e no que os interlocutores coincidiron en salientar “a importancia do pequeno comercio na economía galega” e “a necesidade de impulsar os establecementos locais dende as diferentes administracións”.

Mención especial tivo o papel dos centros comerciais abertos (CCA), figura que tanto o partido político como a asociación definiron como un importante instrumento para “posibilitar estratexias conxuntas no ámbito dos establecementos comerciais en vilas e cidades”. Dende Noia Histórica sinalaron que os máis de medio centenar de CCA no ámbito galego supoñen “proxectos conxuntos de revitalización das súas zonas” e faise necesario “que teñan canles directas de comunicación coa Administración galega”.

Na xuntanza tamén se tocou a cuestión da crise da COVID e dende o BNG reafirmaron diante dos interlocutores “o compromiso de defender o establecemento de axudas ao sector do pequeno comercio”, unhas axudas que, en palabras dos nacionalistas, “son xustas pois ás empresas se lles expropiaron moitas horas de traballo e deberan vir acompañadas dunha exención de tributación da súa percepción”.

Coincidiron tamén ambas partes na importancia da dixitalización nos tempos que decorren así como na atención que requiren as estratexias de loxística e distribución como ferramentas para “que os pequenos comercios podan competir neste eido coas grandes empresas”.

Dende Noia Histórica aproveitaron para anunciar os avances na súa nova plataforma de comercialización, un anuncio acollido con ledicia polos nacionalistas que aproveitaron para remarcar a necesidade de que este tipo de plataformas “tamén se poñan en marcha a nivel galego”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.