O alumnado de O Pote II recibe formación sobre pescadeRías

05 Marzo 2021

O alumnado do obradoiro de emprego O Pote II (impulsado polo Concello de Ribeira e especializado en operacións básicas de cociña), asistiu este xoves pola mañá no seu centro de formación (a Escola Municipal de Hostalería) a unha charla formativa sobre a marca pescadeRías.

A sesión foi impartida pola técnica Ana Pérez e os obxectivos foron mostrar a marca entre os futuros profesionais da restauración e a hostalería, poñer en valor a pesca artesanal, coñecer ferramentas dixitais que proporcionan información sobre os produtos do mar e achegar recursos para diferenciar as distintas especies de moluscos bivalvos.

A xornada tivo unha duración de dúas horas, cunha primeira parte expositiva e unha segunda na que o alumnado realizou exercicios individuais utilizando os métodos de descubrimento e interrogativo e fomentando o debate dentro do grupo.

O Pote II é un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a formación e a empregabilidade das persoas participantes, neste caso, 15 mozos e mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de Garantía Xuvenil, promovido polo Concello de Ribeira, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e co-financiado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

A marca pescadeRías é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal cuxa fama de variedade e calidade traspasan as nosas fronteiras. Esta marca xorde desde a Consellería do Mar da Xunta de Galicia no ano 2008.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.