Noia Histórica ofrece visitas guiadas polo durante a Semana Santa

31 Marzo 2021

A Asociación Noia Histórica cumpre 10 anos coas Visitas Guiadas a Noia nun ano diferente por mor da COVID-19. As xornadas desenvolveranse durante a Semana Santa, do 27 de marzo ata o 4 de abril baixo as medidas adoptadas de seguridade fronte á pandemia.

As visitas levaranse a cabo os xoves, venres e sábado a partir das 12:00 horas, e teñen un prezo de 2 euros, recuperables ao consumir nos establecementos hostaleiros do concello. A actividade comezará coa saída dende o Concello de Noia, e fará un recorrido polas Igrexas de San Francisco, de Santa María a Nova, de San Martiño, polo Museo Luadas Gremiales, para rematar polas Rúas e Pazos da Vila.

A inscrición está aberta para todos aqueles interesados, máximo grupo de 8 persoas, na Oficina de Turismo, ata o 4 de abril en horario de 10:00 a 15:00 horas. Tamén está dispoñible a opción de formular a inscrición previo a través do correo turismoconcellodenoia@gmail.com ou no teléfono 981 821 598.

Outros artigos

A Mostra de Curtas de Noia acolleu a estrea de El crimen de Pazos

O Coliseo Noela de Noia, no marco da edición 2026 (a XXVII) da Mostra de Curtas, acolleu este sábado 7 de novembro (ás 20.30 horas) a estrea de El crimen de Pazos, a nova miniserie de Bambú Producciones, que chegará á plataforma de contidos streaming Netflix esta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.