Na Pobra retómase a actividade cultural

09 Marzo 2021

O Concello da Pobra volve a configurar o seu calendario cultural, co obxectivo de representar unha serie de monólogos sobre as táboas do Elma. As citas transcorrerán os vindeiros domingos do mes, ás 19.00 horas.

Desta forma, o domingo 14, realizarase o diálogo Apatacón trae Por unha peseta, unha historia recollida no noso contorno e que nos achega ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da xente da vila. O domingo 21, representarase Oswaldo Digón, que destaca polo seu contido cambiante e en constante crecemento, co seu selo único e orixinal. Doutra banda, Avelino González subirá o ao escenario o domingo 28 para narrar contos convertidos en chistes.

As entradas son de balde, pero debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, as persoas interesadas deben facer a súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981 831 545.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.