Montescola e as Brigadas Deseucaliptizadoras celebraron o Día da Árbore cunha nova plantación de autóctonas en Froxán

22 Marzo 2021

A organización medioambiental e divulgativa Montescola celebrou o Día da Árbore (este domingo 21 de marzo) cunha nova plantación de especies galegas en Lousame. Fíxoo na aldea sustentábel e activista de Froxán, en colaboración (novamente) coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia. Participaron trinta voluntarias e voluntarios, incluíndo familias e crianzas. A actividade, en concreto, consistiu nunha intervención ambiental na zona conservada do Portelo da Devesa, en Froxán (Lousame), eliminando eucaliptos e acacias e plantando varios centos de carballos.

Os traballos desenvolvéronse en pequenos grupos para gardar as medidas de seguridade. Coa intervención restaurouse unha zona de máis de 3.000 m2 que ardera na vaga de lumes de 2006 e na que agora o bosque autóctono “volta a recobrar o seu resplandor”, explicaron dende Montescola, engadindo que a zona recuperada presenta un hábitat de interese comunitario de carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica que forma parte dun proxecto de maior envergadura para a conectividade e continuidade destas zonas de intervención coa Área Conservada pola Comunidade de Froxán, recoñecida pola ONU en 2017.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.