Medio milleiro de traballadores dos servizos de emerxencia de Barbanza empezan a ser vacinados

30 Marzo 2021

Os axentes da Policía Nacional da comisaría de Ribeira foron os primeiros en recibir a vacina, faranno despois os bombeiros dos dous parques situados na comarca, así como o persoal do GAEM e da Policía Local ribeirense e rianxeira.

Ao longo desta semana está previsto acabar cos membros destes destacamentos e tamén inocular aos municipais da Pobra e Noia, así como aos integrantes das distintas agrupacións de Protección Civil da zona.

Todos eles recibirán no CHUS de Santiago a vacina de AstraZeneca, cuxa segunda dose administrarase en 10 ou 12 semanas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.