En Ribeira unha campaña de crowfunding busca plantar 350 árbores en San Roque

31 Marzo 2021

A iniciativa do club Natural Sport e coa colaboración do Concello de Ribeira e tamén doutras entidades como a banda A Compañía do Ruído e Cáritas Parroquial vaise poñer en marcha de aquí a finais de ano unha novidosa
campaña transversal e participativa que, baixo o título Pon unha árbore na túa vida: agasalla futur”, persegue “sensibilizar e educar á poboación sobre o coidado da natureza e a preservación do patrimonio natural”.
Juan Luis Martínez, Suso Bello e as concelleiras titulares de Medio Ambiente e de Xuventude, Educación e Deportes, Elvira Pereira e Juana Brión, compareceron esta mañá no consistorio para revelar as características desta iniciativa enmarcada en Taekuondo para a Igualdade, que arrancará se o tempo acompaña o vindeiro sábado 10
de abril cunha xornada de convivencia e restitución medioambiental que comprenderá distintas actividades.
Así, a partir das 10 da mañá dará comezo un roteiro con cativos que ten por propósito identificar e sinalizar especies autóctonas e paralelamente haberá tamén outra acción dirixida a adultos consistente na detección, limpeza e eliminación dunha especie invasora como é a mimosa. A xornada finalizará nun picnic popular amenizado por un grupo musical no que os participantes traerán a súa comida co compromiso de regresar de volta sen deixar ningún
refugallo. A xornada, que contará coa implicación dunha patrulla de catecismo da parroquia de Santa Uxía, busca “facer comunidade”, segundo explicou Suso Bello, quen comentou que pronto se abrirá o prazo para anotarse na mesma.

Ao longo dos vindeiros meses sucederanse outras accións en contacto coa natureza que se darán a coñecer proximamente, culminando no mes de novembro cunha plantación de árbores autóctonas nunha parcela próxima ao parque de San Roque. O reto é alcanzar un total de 350 árbores (sobreiras, carballos, castiñeiros, etc…) sufragados a través dunha campaña de crowfunding na que, por 10 euros, aquelas persoas que se unan poderán plantar unha árbore co seu nome (haberá colaboradores realizando este labor para aqueles que non poidan acudir). Os
interesados poden facer a súa contribución contactando co Natural Sport ou a través da plataforma GoFundMe.
Tanto Elvira Pereira como Juana Brión aplaudiron a iniciativa e animaron á cidadanía a implicarse na mesma. A este respecto, a edil de Medio Ambiente lembrou que entre as prioridades do seu departamento está a repoboación forestal, tal e como se fixo recentemente con cen carballos que se plantaron no monte de San Alberte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.