En Rianxo contrataranse sete persoas para obras e servizos municipais

11 Marzo 2021

O Concello de Rianxo anunciou esta semana que vai presentar no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, as ofertas de emprego para a contratación do persoal necesario para o Programa de Integración Laboral PEL-Concellos Reactiva 2021 da Deputación da Coruña, ao abeiro das axudas deste programa para obras e servizos municipais.

O obxecto deste programa é fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de persoal en situación de exclusión laboral, preferentemente, para a prestación de servizos municipais relacionados coa loita e a mitigación dos efectos negativos provocados pola COVID-19.

As categorías para as que se vai presentar a oferta son: peón/a albanel (2 persoas), peón/a xardín (2 persoas), e peón/a de aglomerado (3 persoas). As bases de selección que rexen o devandito proceso están dispoñíbeis na páxina web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.