Duarte Galbán trae a Rianxo o monólogo Vello aos vinte e pico

08 Marzo 2021

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro sábado 20 de marzo, ás 20:00 horas, o monólogo Vello aos vinte e pico do artista rianxeiro Duarte Galbán, que estará acompañado por un artista convidado.

Vello aos vinte e pico é unha exposición na que o Duarte Galbán fai unha comparación dos hábitos de hai trinta anos cos de hoxe en día. É un monólogo canalla, moderno e fresco que dirixido tanto aos novos, como aos maiores, recordando os cambios xeracionais e as cousas que pouco apouco se van perdendo. “O Tinder? Na miña época chamábase Mari Carmen… O noso Google era a Enciclopedia Encarta, e os nosos influencers eran o Xabarín Club e SonGoku”, comenta o artista rianxeiro.

Todas as persoas interesadas en asistir ao espectáculo (recomendado para maiores de 12 anos) poderán facer a súa reserva a través de auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, desde o 8 ata o 18 de marzo, de 9:00 a 13:30 horas. É necesario indicar nome completo, teléfono e se son conviventes.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.