CCOO critica a xestión das ausencias e a saturación das médicas e médicos da nosa área sanitaria

15 Marzo 2021

A Federación de Sanidade de CCOO emitiu este 15 de marzo un comunicado relativo á Área Sanitaria de Santiago-Barbanza e á situación na que se atopa o seu corpo de profesionais, que segundo apunta a o sindicato, está suxeita a unha mala xestión en materia de ausencias e a un clima de saturación. CCOO engade que a a xerencia “queima” os profesionais de atención primaria “coa saturación das súas axendas, que xa estaban cheas de seu, con máis de medio cento de persoas para atender cada día”. Isto, explica o sindicato, acontece porque “as substitucións improvísanse día a día, sen organización nin previsión”.

CCOO sostén que a xerencia sanitaria de Santiago-Barbanza “esquece o labor dos seus propios profesionais na mellora da saúde da poboación, facéndoos traballar sen organización nin tempo para atender a poboación como merece”.

A Federación de Sanidade de CCOO salienta “o papel fundamental realizado durante a pandemia” e lamenta que a Consellaría “perda o tempo en xuntanzas do Comité Galego de Mellora da Atención primaria cando as conclusións dos grupos de traballo xa están rematadas”.

Para o sindicato este sistema de xestión aumenta a “penosidade laboral das médicas e dos médicos de familia, que desde o comezo da pandemia viron sobrecargadas as axendas pola maior presión asistencial e coa burocracia asociada”. Entre outras, o sindicato cita a petición de probas diagnósticas, PCR, test de antíxenos, seguimento de pacientes COVID non hospitalizados, informes e xustificantes de saúde ou a atención presencial a pacientes COVID positivos en circuíto diferenciado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.