As axudas de até 15.000 euros para a compra de vivendas nas zonas históricas, extensíbeis a Rianxo, Noia e Muros

23 Marzo 2021
Gonzalo Trenor presentando os detalles das axudas na Coruña, nunha imaxe de Moncho Fuentes

Quen queira mercar unha vivenda nos centros históricos de Noia, Rianxo e Muros, vai ter importantes axudas do Goberno galego, axudas que poden chegar aos 15.000 euros nalgúns casos específicos. Os detalles destes apoios foron dados a coñecer este 23 de marzo polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, durante unha visita á Cidade Vella da Coruña. Segundo fixo saber, as axudas xa se poden solicitar.

Abranguen, na provincia, os concellos de Betanzos, Corcubión, A Coruña, Ferrol, Mugardos, Muros, Neda, Noia, Padrón, Pontedeume, Rianxo e Santiago de Compostela.

O representante do Goberno autonómico destacou que “o obxectivo principal co que se puxo en marcha este programa é o de contribuír a fixar poboación de forma estábel nestas zonas, lugares emblemáticos e cunha grande riqueza patrimonial e arquitectónica”

Segundo a resolución publicada no DOG, as persoas interesadas poden solicitar estas axudas até o vindeiro 1 de setembro.

Trátase da terceira convocatoria deste programa, que “para 2021 contará cun orzamento de 600.000 euros, case seis veces máis que a dotación coa que saíu convocada o ano pasado”, sinalou, facendo un repaso dalgunhas das principais novidades postas en xogo, por exemplo a supresión do requisito de sermos menores de 35 anos para poder optar ás axudas, de tal xeito que se estende a consideración de potencial beneficiario ao conxunto dos galegos, “co fin de favorecer o asentamento de poboación nos conxuntos históricos”.

Trenor destacou que a contía das axudas elévase ata os 15.000 euros nas tres áreas Rexurbe declaradas en Galicia como é o caso da Coruña, onde estas axudas son de maior contía. Nos demais casos o importe da subvención variará en función da idade do solicitante, de forma que se a vivenda foi adquirida por unha persoa maior de 35 anos, o importe máximo a percibir será de 10.800 euros; unha contía que se ampliará ata os 12.800 euros cando os solicitantes sexan menores de 35 anos.

Trenor engadiu que a outra gran novidade refírese aos requisitos económicos de acceso, medida “coa que se busca tamén ampliar o abano de potenciais beneficiarios”. Neste sentido, o límite de ingresos dos solicitantes elévase até 6,5 veces o IPREM (48.877,33 euros), o que correspondería a case o 90% dos fogares galegos, “co obxectivo de adecuarse aos prezos actuais do mercado inmobiliario e máis concretamente, á realidade do custo da vivenda nos centros históricos”.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...