A Xunta licita por 702.000 euros as obras de reparación da ponte Nafonso

05 Marzo 2021

O Goberno galego vén de licitar por 702.000 euros as obras de reparación e posta en valor a ponte Nafonso e a súa contorna. Así o fixo saber este venres o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen, xunto cos alcaldes de Noia e Outes (Santiago Freire e Manuel González), fixo unha visita a Pontenafonso (localidade limítrofe entre os dous devanditos concellos).

As empresas interesadas teñen agora de prazo ata o 31 de marzo para presentar as súas ofertas.

O delegado territorial salientou que “estamos ante unha actuación integral para mellorar a seguridade da ponte e garantir a súa conservación, que contará cun investimento autonómico global de 707.000 euros, tendo en conta as actuacións de vixilancia ambiental e o seguimento e control arqueolóxico”.

Trenor lembrou que a ponte Nafonso é un ben catalogado patrimonialmente, situado entre os municipios de Serra de Outes e Noia, na estrada autonómica AC-196. “Dado o seu valor histórico as obras previstas consistirán na substitución do pavimento e da varanda existente porque se atopan en mal estado de conservación”, dixo, engadindo que está previsto tamén limpar os paramentos exteriores da construción sobre o río Tambre co fin de mellorar o seu aspecto estético eliminando os elementos daniños da fachada da fábrica de pedra para mantela en bo estado de conservación.

O proxecto, dixo, tamén contempla dúas actuacións concretas para iluminar a calzada e para a iluminación monumental da propia ponte, “o que permitirá a súa posta en valor e unha notable mellora na seguridade viaria para vehículos e peóns”. Ao devandito cómpre engadir a colocación de paneis informativos e carteis de localización.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...