A ETAP de Noia foi obxecto dunha posta a punto

31 Marzo 2021

O Concello de Noia informou da realización estes días dunha serie de traballos de mellora e posta a punto nas instalacións de abastecemento municipal de auga, a ETAP. Segundo explicou o Goberno local, procedeuse a optimizar o sistema de potabilizado, á limpeza de filtros, ao pintado exterior das bombas e ao pintado interior das instalacións.

Ademais, o Concello fixo saber que ao longo dos vindeiros meses desenvolveranse máis melloras nesta infraestrutura, faranse a través dun convenio coa Consellería de Infraestructuras e Augas de Galicia por valor de 900.000 euros. Este acordo permitirá, entre outras cousas, a mellora definitiva do potabilizado e corrixir problemas de turbidez na auga.

De xeito complementario estase levando a cabo a adquisición de terreos lindeiros para a ampliación da ETAP.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.