A Deputación destina 38.220 euros para unha área recreativa infantil no CEIP Ana María Diéguez, en Rianxo

12 Marzo 2021

A través do Plan Único, a Deputación da Coruña vai destinar 38.220 euros para o financiamento dun proxecto para a instalación dun área recreativa infantil no CEIP Ana María Diéguez, na parroquia de Asados do Concello de Rianxo.

A actuación, que vén de saír a licitación pública, permitirá crear dúas zonas diferenciadas: unha primeira destinada aos nenos e nenas de infantil, que estará situada no patio interior onde será instalado un novo tobogán e unha casiña de xogos e onde renovarase o chan de caucho existente na zona de seguridade do tobogán; e unha segunda para o conxunto do alumnado do centro, que estará no xardín traseiro (onde se van habilitar unha serie de xogos que configurarán un circuíto de aventura que constará de escaleiras, pontes, cordas, redes… fabricados con madeira provinte de bosques xestionados de maneira sustentábel).

O prazo para presentar ofertas á licitación deste proxecto remata o 29 de marzo e o tempo de execución dos traballos desde o comezo das obras será de 1 mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.