“Protexer aos tripulantes afectados pola COVID”. Antón Luaces

28 Febreiro 2021

O BNG solicitou á Xunta a activación dun protocolo coas empresas, sindicatos e autoridades sanitarias para protexer aos tripulantes embarcados afectados pola COVID. A portavoz de pesca dos nacionalistas galegos, Rosana Pérez, reclama ao goberno galego demandar do Executivo central un protocolo de vacinación acorde coas características específicas dos traballadores do mar, contemplando a estadía  suficiente en terra para garantir a saúde e seguridade na súa volta ao mar. Este protocolo debe permitir actuar sen dilación cando se teña coñecemento da existencia dun buque galego ou con porto base en Galicia con tripulantes infectados por coronavirus a bordo e mantelos informados, a eles e as súas familias, así como prestarlles todas a axuda precisa.Reclama tamén o BNG ao goberno galego demandar do Estado un protocolo de vacinación con características específicas para os traballadores do mar, contemplando a estancia suficiente en terra que garanta a súa saúde e seguridade no seu retorno ao traballo no barco.
Segundo a deputada nacionalista nas últimas semanas foron coñecidos distintos casos de buques galegos que navegaban cara ás Malvinas e que foron retidos en porto por se detectar gromos de COVID-19 entre os mariñeiros.
 Primeiro foi, como xa informou O Barbanza, o “Venturer”, pertencente á empresa armadora galega Pescapuerta, actualmente fondeado no porto de San Salvador de Bahía (Brasil), con varios tripulantes -dos 64 a bordo- infectados,. Posteriormente foi o “Argos Pereira”, que arribou ao porto de Montevideo coa metade da súa tripulación de 54 homes asimesmo afectada pola COVID-19.Ambos os buques zarparon do porto de Vigo rumbo as illas Malvinas, após ter realizadas as probas sanitarias pertinentes. A tripulación do “Venturer” foi obrigada a permanecer no barco, agás 5 tripulantes que foron ingresados en centros hospitalarios pola gravidade dos seus síntomas. Tamén foi illada a tripulación do “Argos Pereira”, ata que as autoridades uruguaias consentiron desembarcar a aqueles mariñeiros que deron negativo nas probas.
​Tal e como lembra na súa formulación Rosana Pérez, a lexislación internacional considerou nesta pandemia aos traballadores do mar como esenciais. E a Comisión Europea publicou en abril de 2020 disposicións relativas á protección da súa saúde e da súa repatriación. Sen embargo a administración estatal, ao igual ca galega, carecen -uno ano dempois  do inicio da pandemia, dun protocolo homologado que impida “as disparidades que se están a dar nos distintos casos”.
Os propios tripulantes e as súas familias no son informados das actuacións das empresas e da administración, segundo fai constar a deputada, que cuestiona a aparición de casos da COVID-19 en alta mar após varios días de navegación dende a súa saída do porto. A este respecto pregunta se as probas foron realizadas efectivamente, porque “todo indica que os controis feitos pola administración no contaron coa rigorosidade esixida”.
As administracións son as responsables de extremar os controis para garantir en todo momento que se cumpran as recomendacións sanitarias e para que, unha vez detectados os gromos, se poda atender do mellor xeito aos afectados informando a estes e ás súas familias de maneira constante da súa evolución .Neste senso tamén se expresou recentemente a asociación de titulados náutico-pesqueiros AETINAPE, que demandaba unha decidida actuación das autoridades sanitarias no control específico dos tripulantes dos buques españois, tanto de pesca como de transporte e mesmo deportivos.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...