“Outra volta sobre Miguel Rodríguez Bautista”. Celia García Pillado

25 Febreiro 2021


Póñome diante do ordenador sen rancor, odio ou outro tipo de sentimentos que me poderían asaltar por formar parte dunha familia que viviu a represión nas súas propias carnes.
A min non me ensinaron a odiar, pero si me ensinaron que as persoas teñen que responder polos seus actos e non renegar do seu pasado, sexa cal sexa.
Vou á cuestión que hoxe me leva a escribir estas liñas.
Quizais ese bo facer que lle atribúen á persoa en cuestión é verdade, non teño certeza que así fora, pero tampouco teño todos os datos que testemuñen o contrario.
O que si está probado e documentado é que “Don Miguel” foi Xefe Provincial do Movemento e Procurador en Cortes, postos que conseguiu grazas a ser un fiel defensor dos valores da Falanxe e do franquismo.
Creo que non teño que explicar o que iso significaba, ou si, porque a historia foi terxiversada e distorcida durante tantos anos que a maioría da cidadanía de Ribeira descoñece o seu lado escuro.
Cando se chegaba tan alto no fascismo era porque se tiña unha Folla de Servizos impecable. Iso obtíñase sendo firme defensor da causa por encima de todo. “O fin xustificaba os medios”. Eses medios eran acusar, torturar, violar, asasinar… entre outras, a persoas que simplemente pensaban diferente e defendían as liberdades. Ese era o seu delito.
Tamén se esgrime o argumento de que neses tempos había que ser adepto ao Réxime, se non, non se chegaba a nada. Nada máis lonxe da realidade. Quen era fascista o era por convicción, pode que nalgúns casos fose por medo. Iso ata o podo chegar a entender. Eran tempos duros, pero os actos que se cometen, sexa por ideoloxía ou por medo, teñen consecuencias que hai que asumir e non branquexar con argumentacións sobre as súas “bondades”. Fixo tanto ben que case o tiñan que beatificar, permítanme
a licenza.
Se conta parte da historia, so as luces, pero a persoa en cuestión tiña moitas sombras.
Se nos relata unha e outra vez a ladaíña de obras que levou a cabo durante o seu mandato como alcalde de Ribeira. Ademais de dicir que foi benfeitor e xusto, se di que foi xeneroso ata tal punto que morreu pobre. Non quero nin debo entrar en consideracións persoais, pero estaría ben relatar feitos ben coñecidos por moitos veciños e veciñas que explicarían as causas da súa precaria situación.
Pero si quero concluír dicindo que aínda que así fose, todas as cousas que fixo por Ribeira quedan manchadas por outras accións que cometeu dende o seu cargo. Todo iso non vale nin unha soa gota do sangue de todas as veciñas e veciños que baixo as súas ordes sufriron a brutal represión levada a cabo na nosa contorna. Por desgrazaforon tantas gotas, que se converteron en océano.
VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN!

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.