Os empresarios de Ribeira solicitan ao Concello unha comisión bilateral de seguimento para impulsar o novo polígono

12 Febreiro 2021

Este xoves 11 de febreiro o local na céntrica rúa de Rosalía de Castro da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu unha xuntanza para traballar na cuestión sobre o proxecto do novo polígono industrial do concello. Na reunión participaron (entre outras e outros representantes do tecido produtivo ribeirense) o actual presidente da entidade, Francisco Martínez Gude, e máis Antonio Miranda, Cipriano Paz e Manuel Álvarez Vázquez, todos eles estreitamente vencellados á directiva da asociación (que tiveron ocasión de presidir en períodos anteriores).

No transcurso da sesión acordouse propor ao Concello a creación dunha comisión bilateral de seguimento que teña reunións periódicas no tempo, “co fin de unificar criterios e actuacións para levar a bo fin a realización de tan ansiado polígono”, sinalaron.

Esta proposta contou co apoio unánime de todos os presentes.

Segundo confirmaron fontes da asociación, á xuntanza asistiron “un bo número de socios”, incluídos aqueles que apostan por solicitar unha superficie aproximada de 80.000m2.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.