O servizo de reparto a domicilio de Rianxo fortalécese con mochilas térmicas

16 Febreiro 2021

Estes días deuse a coñecer unha importante novidade dende o servizo de reparto a domicilio habilitado dende a plataforma Mercarianxo, co fin de posibilitar que os establecementos hostaleiros locais poidan ter certa normalidade ao abeiro das actuais medidas restritivas que non autorizan a súa apertura. A novidade consiste na posta a disposición da cidadanía que tire proveito do servizo Rianxo na túa porta dunhas mochilas térmicas específicas que faciliten ao máximo a entrega e o transporte de produtos dende os restaurantes adheridos á iniciativa até os domicilios.

A intención, segundo contan dende Mercarianxo, é conseguir que a comida que saia dos establecementos chegue ás casas rianxeiras como “saída directamente das cociñas”.

Por certo que en este momento están a participar activamente na iniciativa, carrexando xantares e ceas porta por porta, os seguintes locais do concello: Parrillada Ourense, Guggenheim Bocatería, Restaurante O Vilar, Restaurante Tanxil, O Curral do Marqués e Bar Nova Era. A listaxe poderase actualizar con novas incorporacións en calquera intre.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.